Cargando resultados...
O fútbol sala feminino reivindica máis visibilidade na Pastoriza
Tres equipos de primeira división participan nun torneo de alto nivel no concello lucense
As xogadoras aseguran que a disciplina vai calando pero aínda está lonxe de acadar a igualdade
G24.gal
26/09/2026 14:53
Última actualización 26/09/2026 18:43
Fútbol sala de alto nivel na Pastoriza. O concello lucense acolle un torneo entre tres equipos da máxima división feminina. Cada vez máis popular, pero ao fútbol sala feminino aínda lle falta visibilidade.
No equipo de Castro xoga precisamente Antía Pérez, que estes días está convocada para competicións internacionais. Confían as xogadoras en que a disciplina que practican acabe calando polo atractivo que resulta e o nivel ao que xogan.
De feito, na Pastoriza hai anos que contan cun equipo feminino.