Cargando resultados...
Un home de 75 anos queda ferido tras sufrir un atropelo en Xinzo de Limia
Veciño da vila, golpeouse na testa tras o accidente que se rexistrou na avenida de Ourense
Unha ambulancia polo centro de Xinzo nunha imaxe de arquivo
G24.gal
22/11/2026 11:58
Un home de 75 anos quedou ferido tras sufrir un atropelo no centro de Xinzo de Limia. Segundo o 112, o accidente produciuse ás 9:20 horas deste domingo na avenida de Ourense, no centro da vila.
O persoal sanitario desprazado ao lugar atendeu a vítima, veciña do concello, que se golpeou na testa sen perder a consciencia. No operativo, participaron tamén axentes da Policía Local e voluntariado de Protección Civil.