Cargando resultados...
Investigan a morte dun home na contorna do hospital de Burela
A vítima, natural da República Dominicana, era veciña do concello
Uns rapaces que paseaban o can localizaron o corpo sobre as 8:00 horas
Os xardíns acordoados polas forzas de seguridade
G24.gal
22/11/2026 12:46
Última actualización 22/11/2026 13:32
A Garda Civil investiga as circunstancias da morte dun home no parque próximo ao hospital da Mariña, no concello de Burela. Natural da República Dominicana, era veciño da localidade.
Segundo a Policía Local, uns rapaces que paseaban o can toparon o corpo sobre as 8:00 horas e avisaron a Axencia Galega de Emerxencias, pero o persoal médico desprazado só puido confirmar o seu falecemento.
A vítima tiña entre 30 e 40 anos e moi preto do lugar dos feitos, a rúa Rafael Vior, había un regueiro de sangue. Así e todo, polo momento non transcenderon máis datos das pescudas, a cargo da Policía Xudicial.