Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha persoa atropelada en Frades

Morre unha persoa atropelada en Frades

A vítima estaba tendida na calzada, segundo alertou un particular aos servizos de Emerxencias

G24.gal 14/11/2026 02:13

Unha persoa faleceu esta noite despois de ser atropelada por un vehículo na estrada AC-542 ao seu paso pola parroquia de Abellá, no concello coruñés de Frades. Un particular alertou aos servizos de emerxencias ás 23:40 horas de que había unha persoa tendida na calzada, aparentemente sen signos vitais.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal sanitario do 061, que só puido confirmar o falecemento desa persoa. Polo momento, non transcenderon máis detalles sobre a identidade da vítima. Tampouco se sabe do condutor ou condutora que o levou por diante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade