Morre un mozo de 22 anos apuñalado pola súa noiva nun apartahotel en Madrid
Os axentes detiveron a parella da vítima como presunta autora dun delito de homicidio
No lugar atopouse a presunta arma coa que se puido producir a agresión
A Policía Nacional detivo unha moza de 22 anos e nacionalidade peruana como presunta autora do homicidio do seu noivo, da mesma idade e nacionalidade, que morreu a puñaladas esta madrugada nun cuarto dun apartahotel no distrito madrileño de San Blas.
A agresión tivo lugar arredor da 1.25 horas na rúa Lola Flores de Madrid, onde acudiron sanitarios do Samur-Protección Civil alertados pola Policía Nacional, que atoparon a vítima en parada cardiorrespiratoria e con varias feridas de arma branca no tórax e nos brazos.
Os sanitarios non puideron reverter a parada e confirmaron a morte do mozo, apuñalado presuntamente pola súa parella durante unha discusión que se estaba a producir no cuarto do apartahotel.
Os axentes detiveron a parella da vítima como presunta autora dun delito de homicidio. No lugar atopouse a presunta arma coa que se puido producir a agresión.