Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home en Castelló acusado de matar unha muller

Detido un home en Castelló acusado de matar unha muller

O crime produciuse cunha arma de fogo

Polo de agora descoñécese a relación que había entre ambos pero crese que o suceso está relacionado cun axuste de contas por drogas

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 11/11/2026 18:49

A Garda Civil detivo un home acusado de matar unha muller no municipio de Eslida, en Castellón.

O corpo da vítima apareceu dentro dunha vivenda con disparos dunha arma de fogo.

Crese que o suceso está relacionado cun axuste de contas por drogas.

A muller ten 32 anos e o home 28. Ambos son  de nacionalidade española.

Crese que ambos discutiron e, nun momento dado, el dispararoulle, causándolle a morte.

O home non ten antecedentes relacionados co maltrato nin coa violencia machista.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade