Unha persoa perde a vida en Arteixo alcanzada por unha máquina agrícola
Estaba realizando traballos nunha leira privada, propiedade dun familiar
Unha persoa perdeu a vida este mércores en Arteixo mentres estaba realizando traballos nunha leira privada, propiedade dun familiar.
Ao fío das catro desta tarde, o 112 Galicia recibiu un aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por mor dun accidente con maquinaría agrícola en Arteixo, concretamente, na aldea de Mirón.
Ante a posibilidade de que a persoa estivese atrapada, desde o 112 Galicia, solicitouse a colaboración dos Bombeiros de Arteixo e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil da mesma localidade. Finalmente, descartouse a liberación, xa que a persoa estaba liberada e accesible, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.
Ata o lugar dos feitos desprazáronse, tamén, os axentes da Garda Civil e da Policía Local.