Piden reparar os sinais de gálibo para evitar accidentes na Ponte de Alba
É frecuente que os camións queden atrapados na Ponte de Alba
Os veciños urxen medidas para evitar accidentes
As láminas de advertencia de gálibo no enlace da estrada Pontevedra-Vilagarcía e a que une Pontevedra con Santiago están moi deterioradas polo paso de camións que exceden a altura permitida e que con frecuencia quedan encaixados na ponte de Alba. Di os veciños da zona que ninguén as repara e poden levar a confusión aos condutores.
Esta semana un tráiler danou a estrutura da ponte. Non só provocou problemas de tráfico senón que obrigou a cortar a circulación ferroviaria entre Redondela e Santiago ata garantir a seguridade das vías. Unha situación que preocupa moito aos veciños por iso reclaman máis medidas de advertencia de gálibo para os condutores. Apuntan, por exemplo, á instalación de sinais luminosas ou outros indicativos que reforcen a información aos camioneiros.
Veciños e condutores afectados pensan que a futura construción da variante de Alba pode ser a solución, porén ata entón urxen actuacións que eviten os accidentes que levan anos soportando.