Cargando resultados...
Morre un home nun accidente de tractor no Barco de Valdeorras
O vehículo caeu por un desnivel de máis de 5 metros
Arquivo
G24.gal
03/11/2026 19:03
Unha persoa faleceu este martes nun accidente de tractor ocorrido no Barco de Valdeorras.
Por causas que se descoñecen, o home perdeu o control do vehículo e caeu por un terraplén duns 5 ou 6 metros.
O suceso ocorreu na área recreativa do Salgueiral, en Viloira.
🔴 #AXEGAInforma dunha persoa que perdeu a vida tras un accidente de tractor no Barco de Valdeorras 📍Área recreativa do Salgueiral, Viloira. ➡️ Caeu por un terraplén duns 5 ou 6 metros. 🔗 https://t.co/M4wi96wr5o https://t.co/3bZzklGDNO
— 112 Galicia (@112Galicia) November 3, 2026