Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un operario en Ponteareas atrapado baixo unha carretilla elevadora

Morre un operario en Ponteareas atrapado baixo unha carretilla elevadora

O operario foi atopado atrapado baixo a máquina polos seus propios compañeiros de empresa

G24.gal 10/11/2026 23:42

Un traballador morreu este martes no municipio pontevedrés de Ponteareas tras envorcar a carretilla elevadora que manexaba.

O suceso, segundo informa o 112 Galicia, tivo lugar sobre as oito da tarde nunhas instalacións situadas na zona de Penavella, onde o operario foi atopado atrapado baixo a máquina polos seus propios compañeiros de empresa.

Malia a rápida intervención dos equipos de rescate e sanitarios que se desprazaron ata o lugar, non foi posible reanimar a vítima, que xa se atopaba en parada cardiorrespiratoria á súa chegada.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia mobilizou Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros-GES e Protección Civil de Ponteareas, así como patrullas da Garda Civil e da Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade