O policía nacional ferido na explosión en Oviedo atópase fora de perigo
Segundo fontes policiais confirmaron a EFE, a vida do axente pertencente á unidade de explosivos xa non está en risco
Axentes da Policía Nacional no lugar da explosión (Europa Press, Juan Vega).
O policía ferido na explosión deste martes en Oviedo atópase fora de perigo tras estar resultar ferido grave da operación. Pola contra, o seu compañeiro perdeu a vida no acto.
Malia que os médicos conseguiron salvarlle ambas pernas, o axente pertencente á unidade de explosivos (Tedax) perdeu a visión dun ollo. O policía continúa hospitalizado no Hospital Universitario Centra de Asturias (HUCA). A xoven alcanzada por unha bala durante o tiroteo inicial foi ingresada no mesmo centro hospitalario e tamén está fora de perigo.
O autor todavía non foi localizado
Os axentes de Seguridade Cidadá desplazáronse ao lugar do tiroteo e alí atoparon a mochila. Baixo a sospeita de que contiña explosivos, deron aviso á unidadecanina e a Tedax. No momento no que a manipularon fora do edificio, o artefacto explotou.
A Policía Nacional mantén un amplo dispositivo para dar co autor do tiroteo e propietario da mochila, que ten arredor de 60 anos.