Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ministra Sira Rego solicita o cese temporal da actividade de TikTok en España

A ministra Sira Rego solicita o cese temporal da actividade de TikTok en España

A ministra de Xuventude e Infancia pide á Axencia de Protección de Datos que "paralice a actividade" da plataforma en España ata atallar a problemática dos vídeos con contido sexual infantil

Un informe de Maldita.es destapou máis de mil vídeos de abuso sexual infantil na plataforma

Ministra Sira Rego na Declaración do Foro de Salamanca (foto de arquivo) (Europa Press, Manuel Ángel Laya).
G24.gal 10/11/2026 19:41 Última actualización 10/11/2026 20:28

Tras a investigación de Maldita.es, a ministra de Xuventude e Infancia, Sira Rego, pide á Axencia de Protección de Datos que "paralice a actividade" de TikTok en España de "maneira excepcional". A ministra asegura que "vai ir con todo" para aclarar os feitos e "poñeles coto".

Ademais, Rego solicita revisar e retirar de inmediato os contidos e perfís identificados polos factcheckers, mais conservando as probas e presentando un balance verificable dos contidos retirados, das contas suspendidas e das medidas adoptadas.

"Simplemente poñendo unha serie de palabras no buscador accédese rapidamente a contido de violencia sexual contra a infancia. Hai toda unha posibilidade de soster, manter e perpetuar un ecosistema de violencia sexual contra nenos e nenas", aseguraba a ministra. Rego propón unha revisión humana, especializada e urxente de todas as denuncias.

Durante este proceso de verificación, a ministra solicita que o Regulamento Europeo de Servizos Dixitais suspendan a súa actividade en España. Pois, segundo a ministra, "ningún modelo de negocio pode estar por enriba dos dereitos da infancia e da adolescencia".

Pola súa parte, TikTok pediu o pasado luns a Maldita.es que compartira a súa investigación, xa que "a súa negativa" estalles "impedindo activamente localizar e eliminar o material".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade