TikTok pide a Maldita.es compartir a súa investigación para localizar e eliminar vídeos de abuso sexual infantil
TikTok pide a Maldita.es compartir a súa investigación para localizar e eliminar vídeos de abuso sexual infantil
A rede social sostén que o feito de non dispoñer deses "achados" dificulta a presentación de informes ante as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
Imaxe de arquivo
TikTok solicitou á Fundación Maldita.es a compartir de maneira completa a súa investigación na que se detectaron máis dun millar de vídeos de abuso infantil. Aseguran que non dispoñer destes "achados" publicados por este medio, "obstaculiza" a presentación de informes ante as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado por parte da plataforma.
Tamén, dende a compañía consideran "vital" que haxa unha "resposta colectiva" debido a que "os actores malintencionados evolucionan continuamente os seus métodos para evadir a detección". E aseguran que a súa "máxima prioridade" é manter a plataforma como un "lugar seguro".
Máis dun millar de vídeos de abuso sexual infantil que circulaban por TikTok foron detectados por Maldita.es. Estes xa superan as 48 millóns de visualizacións e son máis de 20.000 perfis de potenciais pedófilos que intercambian ou venden este tipo de contido, dos cales máis de 7.000 operan en español.
Ademais, nesta investigación localizáronse 780 contas que empregan a plataforma co fin de captar compadores de material de abuso sexual infantil, 91 emisións en directo de menores en 17 países nos que os usuarios piden accións, ás veces de caracter sexual, a cambio de diñeiro, e máis de 2.000 membros que busca contido de bebés.
Pola súa parte, o Ministerio de Xuventude e Infancia pediu á Fiscalía Xeral do Estado que "actúe" ante estes presuntos casos de abuso sexual infantil e, incluso, plantexou paralizar os servicios de TikTok en España, se é "oportuno". Así mesmo, fontes do Ministerio aseguran que remitiron un escrito á Fiscalía Xeral do Estado tras a publicación destas informacións e "a falta de mecanismos eficaces na rede social para impedir a difusión de dito material".