Francia sinala a Irán como o autor dos ciberataques aos frigoríficos dos supermercados
Os ataques afectaron a preto de 700 instalacións de grupos de distribución
Frigoríficos dunha cadena de supermercados de París, o día despois dos ciberataques
O ministro de Exteriores de Francia, Jean-Nöel Barrot, responsabilizou ao réxime iraní dos ciberataques que o pasado outubro sufriron os sistemas de refrixeración de varias cadeas de distribución e que tamén alcanzaron a outros países europeos nos seguintes días.
Barrot sostén que "è un ataque dunha amplitude e dunha agresividade inéditas". Ademais, subliñou que é o primeiro ciberataque "a gran escala no territorio francés e un ataque grave contra os intereses da nación e contra a seguridade das francesas e os franceses".
Debido a estas perturbacións, preto de 700 instalacións de grupos de distribución víronse afectados entre o 11 e o 12 de outubro, os cales derivaron en averías de maquinaria e grandes cantidades de mercancía danada e incendios, segundo o que recordou o ministro.
Por iso, asegurou que estos ciberataques non quedarán libres de consecuencias. Entre elas, se aplicarán "sancións a escala europea contra todos os responsables" e, da mesma maneira, adoptaránse "calquera outra medida proporcionada e necesaria pública ou non para responder a este ataque e disuadir ás que e aos que queiran repetila". Ademais, confirmou tamén que xa convocou ao embaixador de Irán en Francia para "protestar moi fortemente".
A xustiza francesa xa lanzou un procedemento e tamén actuará, segundo o ministro.