O consumo de ovos non fai máis que medrar: nos últimos tres anos subiu un 15%
Nos últimos tempos valórase como un alimento de gran valor nutritivo, lonxe da mala fama que o consideraba unha fonte de colesterol
Moi versátil na cociña e unha fonte de proteínas. Son algunhas das características do ovo. O ano pasado consumíronse 438.000 toneladas, un 15 % máis que no ano 2022.
O ovo deixou atrás a súa mala fama como fonte de colesterol. Hoxe valórase polas súas propiedades alimenticias. O nutricionista Daniel Pérez, explica que "é dun alto valor biolóxico en proteínas, que contén todos os aminoácidos esenciais", ademais de "conter antioxidantes que protexen os ollos e rico en colina, que axuda o noso cerebro"
É un dos básicos na cesta da compra e válido para calquera comida do día. A suba no consumo do ovo veu acompañada do aumento do prezo, pero segue sendo un alimento presente no 97 % dos fogares españois.