Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os comentarios falsos ou abusivos de Internet poden ter consecuencias legais

Os comentarios falsos ou abusivos de Internet poden ter consecuencias legais

"Non se pode actuar impunemente na Rede, pensando que non vai ter consecuencias", di Miguel López da Unión de Consumidores de Galicia 

Un fisioterapeuta de Ourense leva a xuízo unha paciente por difamación 

G24.gal 30/09/2026 15:35

Botar unha ollada aos comentarios doutros usuarios é cada vez máis habitual antes de tomar unha decisión de compra. Son un factor tan determinante que teñen o seu propio regulamento nas normativas de consumo, tanto para evitar abusos de autopromoción por parte dos negocios como críticas abusivas dos usuarios. 

"Tense que tratar sempre de valoracións reais, que se correspondan coa efectiva prestación real dun servizo ou polo menos cunha comunicación efectiva e que tivese lugar nos últimos 30 días". 

No caso dos comentarios negativos, aínda que poidan estar xustificados, tamén hai que aterse aos feitos para evitar chegar aos tribunais por posibles inxurias ou difamacións, como acaba de facer o responsable dun centro de fisioterapia de Ourense. Non é a primeira, di Miguel López, da Unión de Consumidores de Galicia. 

"Xa coñecemos outras casuísticas que chegaron aos tribunais e mesmo algunhas delas que acabaron condenando á persoa que fixo esa crítica. Por iso temos que ter en conta que Internet é un lugar que cada día se está a restrinxir máis. Non se pode actuar impunemente e pensar que non vai ter consecuencias". 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade