Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova quenda de oposicións do Sergas con 348 prazas de celador

Nova quenda de oposicións do Sergas con 348 prazas de celador

Estaban convocadas na tarde deste sábado 7.800 persoas e a participación foi do 75 %

Pola mañá a participación superou o 81 % noutras categorías como a de farmacéuticos ou odontólogos de atención primaria

Máis de 10.000 persoas están convocadas en toda a fin de semana para diferentes categorías

G24.gal 14/11/2026 20:54

Ás catro da tarde deste sábado comezaban os controis de seguridade no recinto feiral de Silleda. Todos eles presentábanse á proba de celador, que forma parte dun intenso calendario de oposicións do Sergas. Estaban convocadas 7.800 persoas para 348 prazas.

A participación foi do 75 %.

"Quero sacar a maior puntuación para as listaxes de contratación"

"Renúnciase a moitas cousas e digo pois desta vez ten que ser", din algúns opositores.

Detrás de cada exame de opsosición hai, para moitos, meses de preparación. Horas de estudo. Renuncias. E moitos nervios.

"Viña máis tranquila as outras veces. Non ter que volver estudar sería un trunfo porque xa estou cansa" 

"Vou a clases  desde hai anos, intensivo desde hai meses", comentan outros aspirantes ás prazas de celador.

Estas probas forman parte da nova quenda de oposicións para acceder ao emprego público do Sergas. Máis de 10.000 persoas están convocadas en toda a fin de semana para diferentes categorías.

"Tamén hai un reto, o que queres é sacar a praza e esquecerte de contratos temporais", di outra opositora.

Á entrada, nervios. Á saída, a incerteza de se se vai acadar a praza e se se encamiña o futuro profesional.

"O que supón para min é estabilidade laboral, non hai que estudar máis, poder ir traballar tranquilo, non pensar se me van mover de sitio, se me van cambiar o tipo de contrato. O fixo é fixo e máis na pública", engade outro aspirante a unha praza. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade