Purdeus acolleu unha nova edición da Festa da Pisa da Castaña
Parada de Sil leva 13 anos recreando esta técnica tradicional que permitía conservar as castañas durante meses
Trátase dun produto que foi fundamental durante séculos na alimentación tanto das persoas como dos animais
Tras a recollida das castañas, o froito traladábase aos sequeiros e en cada casa de Parada de Sil había un.
Construccións de dobre altura onde, grazas ao lume, se secaban as castañas. O proceso alongábase entre 15 e 20 días.
Pasado dese tempo, metíanse en sacos de tea e golpeabanse contra un pisón de madeira para separar a pel do froito.
Por último, coa axuda dunha criba, limpábanse os restos de cáscara e quedaban listas para gardar e consumir ao longo do ano.
Un traballo, noutrora habitual, que foi quedando en desuso. Para que no se esqueza e pór en valor a importancia que as castañas tiveron durante séculos na alimentación e na vida desta zona da Ribeira Sacra, o concello decidiu hai máis dunha década recrealo e convertelo nunha festa na que as xeracións máis novas poden aprender dos que aínda se acorda de facer a pisa.