Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta activa o Plan Inungal en fase de preemerxencia ante o risco de inundacións

A Xunta activa o Plan Inungal en fase de preemerxencia ante o risco de inundacións

O Executivo galego activou para a madrugada deste domingo a alerta laranxa por chuvias no interior da provincia de Pontevedra

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 14/11/2026 21:30

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén de activar o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia (Inungal) en fase de preemerxencia, ante a previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos por precipitacións que afectarán a boa parte do territorio galego.

A activación deste nivel implica o establecemento de medidas preventivas centradas no seguimento, control e observación continua da evolución meteorolóxica e hidrolóxica, co obxectivo de anticiparse a posíbeis crecidas nos cursos fluviais e avaliar en tempo real calquera risco para a poboación ou os bens.

Ademade, a Xunta activou para esta madrugada a alerta laranxa por chuvias no interior da provincia de Pontevedra.

 

A Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, segundo as previsións dos órganos preditores, anunciou a suspensión da actividade deportiva federada e as do programa Xogade, agás os deportes náuticos e acuáticos federados que se realicen no exterior nesta zona. Os concellos afectados e os horarios de vixencia da alerta pódense consultar na web Deporte Galego.

 

Así mesmo, actívase a alerta amarela por chuvias na provincia da Coruña; nas zonas Noroeste, Miño e Sur de Ourense; e no Miño e nas Rúas Baixas de Pontevedra, así como por vento na Mariña luguesa e no interior de Pontevedra.

 

Ante as fortes chuvias recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade