Bruna deixa acumulados de máis de 40 litros en Galicia
Hai activos varios avisos amarelos por chuvia este xoves
A borrasca irá perdendo forza o venres
A borrasca Bruna deixa acumulados de máis de 40 litros por metro cadrado este xoves en Galicia, onde mantén activos varios avisos amarelos por chuvias ata as 6.00 do venres.
Os datos de MeteoGalicia ata as 15:00 horas recollen que os maiores acumulados producíronse na provincia de Pontevedra. Rexistráronse nos municipios de Tui (46,4 l/m²), Ponteareas (42,5 l/m²), Mondariz (40,9 l/m²), Oia (40,6 l/m²) e O Porriño (38,6 l/m²).
Estas cifras xa superan aos acumulados máximos rexistrados ao longo de todo o mércores, cando o máis alto foi de 34,7 l/m² en Riós, Ourense.
A borrasca activou avisos amarelos en toda a provincia de Pontevedra e no suroeste e oeste da Coruña por choivas de máis de 15 l/m² nunha hora, os cales están en vigor desde as 9:00 horas de hoxe ata as 6:00 de mañá venres.
Ademais, a partir das 18:00 horas activarase outro aviso amarelo por acumulados de máis de 40 l/m² en doce horas en toda a provincia de Pontevedra, o suroeste da Coruña e o sur de Ourense, tamén en vigor ata as 6:00 do venres.
O venres Bruna irá perdendo forza e os chuvascos irán remitindo cara á noite.