O litoral sur de Galicia comezará a semana con chuvias e refachos de vento
32 concellos das Rías baixas estarán baixo aviso amarelo por vento no mar
Dado que en outubro choveu un 80% menos do habitual para a época, os encoros da área seguen baixo Íinimos
Despois dun verán e dun outono extremadamente secos, as Rías Baixas comezarán a semana cos chuvias que deixará a borrasca Bruna.
O vento do sur comeza a notarse nos arredores do Cabo Silleiro. Este luns, ás tres da mañá os ventos do mar, do sur soprarán con rachas fortes. Esa será a maior adversidade meteorolóxica da semana que comeza.
Uns 32 concellos das Rías baixas estarán baixo aviso amarelo por vento no mar.
Durante toda a semana que ven Galicia seguirá baixo a influencia da borrasca Bruna con frontes que deixarán chuvia.
Será unha acumulación de auga débil, duns 25 litros por metro cadrado. E dado que en outubro choveu un 80% menos do habitual para a época e que os encoros da área seguen baixo minimos, os galegos e as galegas mira cara o co anubrado e piden con unanimidade auga en abundancia.