Baixan as temperaturas en Galicia: a mínima rexístrase en Calvos de Randín con -5,4 graos
Espérase unha xornada que comeza con néboas en comarcas do interior e nubes de tipo medio e alto no resto
Vigo e Pontevedra acadarán a temperatura máximo situada nos 19 graos
Baixaron, e moito, as temperaturas; este martes as mínimas xa en negativo, a zona máis afectada é Ourense, Calvos de Randín - 5,4 graos. A Comunidade quedará na influencia das baixas presións situadas ao oeste de Irlanda, cunha fronte fría asociada que entrará nas últimas horas do día, segundo o prognóstico de Meteogalicia.
Con esta situación, espérase unha xornada que comeza con néboas en comarcas do interior e nubes de tipo medio e alto no resto. A medida que avancen as horas, os ceos iranse cubrindo polo oeste, con precipitacións débiles que se irán intensificando e estendendo ao resto do territorio cara ao final da xornada.
As temperaturas permanecerán sen cambios significativos, mentres que o vento soprará frouxo do oeste-suroeste en xeral, moderado no litoral, con refachos fortes na zona de Bares, virando ao noroeste co paso da fronte. Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades: Lugo 5 °C 16 °C Vigo 10 °C 19 °C Ferrol 9 °C 17 °C Santiago 8 °C 16 °C Pontevedra 9 °C 19 °C A Coruña 10 °C 18 °C Ourense 8 °C 20 °C.