Publicador de contidos

Publicador de contidos

A dina abandona Valencia e deixa tras de si 2.000 evacuados, 500 rescatados e 4 mortos no Levante

A dina abandona Valencia e deixa tras de si 2.000 evacuados, 500 rescatados e 4 mortos no Levante

A Generalitat levantou os confinamentos e desmobilizou a UME, pero aínda queda unha ducia de estradas cortadas por inundacións tanto na Comunidade Valenciana como en Andalucía

O presidente do Goberno visita este martes o Posto Avanzado de Mando en Oliva

 

Xornada de limpeza e de reparación de danos en Valencia tras o paso da dina (Rober Solsona/Europa Press) Xornada de limpeza e de reparación de danos en Valencia tras o paso da dina (Rober Solsona/Europa Press)
G24.gal 20/10/2026 07:22

A Comunidade Valenciana e Cataluña tentan volver á normalidade tras o paso de Adam, unha dina que deixou catro mortos, 2.141 persoas evacuadas e ata 145 concellos confinados. 

A Generalitat levantou os confinamentos e desmobilizou a UME, pero este martes, 13 estradas de Valencia e de Andalucía continúan pechadas ao tráfico por inundacións ao seren incapaces de absorber os arredor de 700 litros de chuvia por metro cadrado recollidas en 48 horas.

O 112 xestionou un total de 1.713 incidentes na Comunidade Valenciana. En Cataluña os bombeiros atenderon arredor dun cento durante a xornada deste luns.

O presidente do Goberno Pedro Sánchez visitará ás 12:30 deste martes o Posto de Mando Avanzado en Oliva, en Valencia, onde manterá un encontro cos responsables dos dispositivos de emerxencias e de coordinación, así como con alcaldes de municipios afectados pola dina.

A inestabilidade manterase este martes no leste peninsular een Baleares, con chuvascos e tormentas que se prevén fortes ta tanto no arquipélago balear como en Cataluña, onde é probable que as chuvias sexan localmente moi fortes, con acumulacións significativas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade