Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia acaba de superar o trimestre máis caloroso dos últimos 65 anos

Galicia acaba de superar o trimestre máis caloroso dos últimos 65 anos

O promedio das temperaturas neste verán meteorolóxico superou os 21 graos

G24.gal 09/09/2026 14:28

Desde o tempo das cereixas ao tempo das uvas: é no trimestre de xuño, xullo e agosto cando se esperan os días de máis calor. Pero nunca fora tan caloroso. Polo menos nunca desde que en 1961 comezaron os rexistros do datos meteorolóxicos.

"Nas temperaturas tivemos unha media de 21,4ºC e iso quere dicir que houbo unha variabiblidade que hai que poñer en riba de mesa", declarou Ánxeles Vázquez, a Conselleira de Medio Ambiente.

Tivemos 2,3 graos por riba da media, e hai que lembrar promedio de temperaturas que se fai con datos de todas as horas do día e a da noite en todas as estacións meteorolóxicas de Galicia. 

"Houbo setenta días en que o anticiclón estivo moi estacionario. Nese periodo só houbo seis xornadas en que non se superaron os 30 graos, en Ourense. E 30 días en que se superaron os 36 graos" , explicou Xoán Taboada, de Meteogalicia.

Entre a calor e a evaporación, os avisos por temperatura e os avisos por treboadas, só houbo 18 días sen avisos.  En xeral este verán tamén foi máis seco. A metade do que choveu foi na última semana de agosto.

"Co cambio climático hai outro concepto que compre destacar este ano e é o de lategazo hidroclimático, que son cambios bruscos no réxime de precipitación", apuntou Xoán Taboada, de Meteogalicia.

Tamén tivemos este verán menos días con vento do norte, e iso supuxo menos afloramento costeiro e a temperatura do mar moitos máis días por riba do habitual

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade