Cargando resultados...
350 persoas comparten un xantar na defensa do sabor da montaña luguesa
"A mellor carne do mundo": VI Degustación da Tenreira de Ancares
G24.gal
24/10/2026 20:52
Unhas 350 persoas, entre as que tamén estaban moitos dos gandeiros e gandeiras da Carqueixa, compartiron este sábado un xantar no que se enxalzou o sabor e a calidade da carne da tenreira criada na montaña luguesa, na zona dos Ancares.
"Son animais que maman ata case o primeiro ano de vida e criados nuns pastos nos que non hai tratametos químicos" coméntanos Isaac González, un dos 300 socios da Cooperativa A Carqueixa, que manexa unhas 5.000 reses.
Ademais, celebrouse a décimo cuarta Feira da artesania, de forma que o feito a man, a gastronomía e a música axudan a reforzar a identidade e a defensa da vida nun territorio.