Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 14.000 persoas examínanse en Silleda na busca dunha praza no Sergas

Máis de 14.000 persoas examínanse en Silleda na busca dunha praza no Sergas

A Xunta oferta este outono un total de 2.223 prazas no Sergas para un total de 33.700 aspirantes

Este sábado tiveron lugar as probas, entre outras, de técnico de farmacia, logopedista, condutor ou aspirantes a fisioterapeuta

Na maioría de categorías roldaron ou superaron o 80 % de participacións dos incritos

O domingo chegará a quenda máis numerosa, con case 10.000 aspirantes 

G24.gal 24/10/2026 19:42

Desde primeira hora deste sábado, o recinto feiral de Silleda acollía os primeiros exames desta convocatoria. Despois de moito tempo de preparación e constancia mestúranse nervios e ilusión por acadar unha das prazas ofertadas polo Sergas. 

"O exame foi un pouco complicado pero bueno, ben"

"Eu creo que era bastante asequible"

"Estou nerviosa"

"Con tranquilidade é como o mellor o podo levar", dicían algúns dos opositores.

Diante dos exames teñen unha oportunidade que pode cambiarlles o seu futuro profesional.

"Traballo nunha oficina de farmacia entón tamén me gustaría traballar na farmacia hospitalaria", engade outra opositora.

Este sábado estaban convocadas máis de 4.500 persoas para as probas de técnico en farmacia, logopedista ou aspirantes a fisioterapeuta, entre outras categorías.

A Xunta ofertará este outono máis de 2.200 prazas no Sergas. 

"Creo que son cifras moi importantes que reflicten a intención da Xunta de consolidar e reforzar todos os profesionais sanitarios", asegura Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade.

O domingo chegará a quenda máis numerosa. Case 10.000 aspirantes nas probas de técnico en coidados auxiliares de enfermaría e técnico en farmacia para 1.306 prazas.

Detrás das cifras hai milleiros de persoas que aspiran a incorporarse á sanidade pública ou a consolidar nela o seu futuro profesional.

 "É un traballo para toda a vida e cunhas  condicións moi boas", destaca outro aspirante a unha das prazas.

Para o Sergas, o proceso permitirá cubrir prazas en áreas asistenciais, técnicas e de apoio.

O Sergas inicia así un proceso selectivo que mobiliza milleiros de aspirantes e que continuará nas vindeiras semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade