Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade amplía os cribados do cancro de cérvix para ofrecelos tamén ás mulleres de entre 30 e 35 anos

Sanidade amplía os cribados do cancro de cérvix para ofrecelos tamén ás mulleres de entre 30 e 35 anos

Ata o de agora a poboación diana desta proba situábase entre os 35 e os 65 anos

Amais tamén se ofrecerá realizar esta proba ás mulleres de entre 25 e 29 anos que non fosen vacinadas contra o virus do papiloma humano

G24.gal 21/09/2026 13:30 Última actualización 21/09/2026 14:07

O Consello da Xunta acordou este luns ampliar a poboación diana obxectivo do cribado de cancro de cérvix, que pasará a ofrecerse tamén ás mulleres de entre 30 e 35 anos.

Ata este momento esa poboación diana estaba entre os 35 e os 65 anos, e agora ampliarase en cinco anos máis de maneira progresiva, e este mesmo ano xa poderán participar as nacidas no ano 1993.

Ademais tamén se lle vai ofrecer realizar a proba a todas as mulleres de entre os 25 e os 29 anos que non se vacinasen contra o virus do papiloma humano antes dos 15 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade