Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os máis previsores están xa a mercar marisco para conxelar con vistas ás festas do Nadal

Os máis previsores están xa a mercar marisco para conxelar con vistas ás festas do Nadal

O que máis se vende estes días para conxelar para o Nadal son os camaróns e as cigalas

O camarón grande que hoxe se vende a 80 euros por quilo chegou o ano pasado no Nadal aos 200 euros

G24.gal 24/10/2026 22:23

Dous meses antes da noiteboa os máis previsores están xa a mercar parte do marisco para as festas do Nadal para aproveitar os prezos destes días.

"Vou mercar camarón porque se conxela moi ben e agora ten mellor prezo que no Nadal".

"Peixe, marisco ou mesmo a carne. Procuro que cando chegan os días grandes das festas ter xa na casa".

 Estas compras anticipadas implican un aforro importante en produtos como a cigala ou o camarón.

"O camarón a 80 euros está ben, o mediano a 60 ou 50, depende do día".

"Máis do doble, o ano pasado vendeuse ata a 200 euros o camarón grande".

"Esta cigala pequena que agora esta a 40 euros, no Nadal está a 60 ou 70 tranquilamente".

Con todo, os praceiros coinciden en que cando realmente comezan as compras con vistas ás festas é a partir do 10 de novembro, cando abre a campaña da centola.

"A xente bótase a mercar peixe e marisco para o Nadal cando abre a centola, a centola é o pistoletazo de saída, en canto a centola abre se botan todos a mercar de todo xa".

"E agora para o mes, tan pronto abra a centola esto vai ser unha locura".

 Malia o aforro que supón mercar antes e conxelar, tamén son moitos os que prefiren agardar a última hora e gozar de peixe e marisco fresco nas ceas e comidas do Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade