Publicador de contidos

Publicador de contidos

A festa do marisco do Grove supera as 190.000 racións vendidas

A festa do marisco do Grove supera as 190.000 racións vendidas

A xornada do sábado foi a máis concorrida do evento, con case 40.000 tickets despachados

O polbo á feira, as zamburiñas, o arroz de marisco e as navallas, entre as viandas máis escollidas do evento

G24.gal 11/10/2026 21:09 Última actualización 11/10/2026 21:38

Edición histórica da festa do marisco do Grove que xa superou os 193.000 tickets vendidos cos que desfrutar dunha ración de produto e que tras a afluencia masiva da xornada anterior, contou en todo o día de hoxe cunha chegada continua de visitantes.

Unha parella procedente de Madrid relataba que recalaran no Grove aproveitando a ponte festiva e porque escoitaran falar moitísimo da festa.

Con milleiros de visitantes de toda Galicia pero tamén da xeografía estatal, o polbo á feira foi o triunfador absoluto, con máis de 10.000 racións servidas. Pero tampouco quedaron atrás as zamburiñas, o arroz de marisco e as navallas, que son praceres irrenunciables desta festa.

"Unhas navallas, unhas ameixas á mariñeira, uns percebes e unha 'fideuá', moi bo todo", confesa unha visitante rendida diante das excelencias gastronómicas grovenses.

As instalacións da praza do Corgo estiveron recibindo xente durante toda a xornada e aínda que xa se respira o final da festa, que será oficial este luns, para os que chegaron un pouco tarde sempre quedará o consolo de que o ano que vén a festa do marisco do Grove retornará aínda con máis forza e máis viandas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade