Cargando resultados...
Morren once persoas ao bater un autobús turístico e un camión en Turquía
Outras 27 persoas quedaron feridas e algunhas delas atópanse en estado crítico
G24.gal
11/10/2026 16:40
Última actualización 11/10/2026 17:05
Polo menos once persoas morreron e outras 27 quedaron feridas, algunha en estado crítico, ao bater un autobús contra un camión nunha autoestrada do oeste de Turquía.
Ocorreu pouco despois das 11:00 horas nas proximidades de Akhisar, na provincia de Manisa. Tras o impacto, o autobús envorcou e varios pasaxeiros saíron despedidos, segundo a cadea turca NTV.
O vehículo, que partira de Bursa, transportaba un grupo de turistas, pero aínda non se informou da identidade nin da nacionalidade das vítimas. Polo momento, descoñécense as causas do sinistro, que se están a investigar.