A choiva non desluce a festa de San Lucas, a feira máis antiga de Galicia
O domingo celébrase o día grande das feiras e festas das San Lucas
Comezaron este venres As San Lucas de Mondoñedo, as feiras e festas máis antigas de Galicia, e que contan xa con 870 anos de historia.
No Día das Vésperas, os cabalos percorreron as rúas da vila e milleiros de persoas gozan dunha tradición que leva séculos transmitíndose e que foi mudando co paso do tempo, pero se hai algo que se matén é o enxalzamento do gando e da gandeiría como un xeito de vida.
"Aquí vimos dende sempre", coméntanos moitas das persoas coas que falamos.
"Antigamente había moitos ferreiros, zoqueiros e xentes doutros ofcios. Aquí podías comprar de todo, e agora é igual, segue habendo de todo", coméntanos un veciño de Xove que vén a esta feira e festa dende que era pequeno.