Publicador de contidos

Publicador de contidos

Riotorto homenaxea os seus ferreiros nas primeiras Xornadas Culturais do Ferro

Riotorto homenaxea os seus ferreiros nas primeiras Xornadas Culturais do Ferro

O ferro e o carbón posibilitaron que esta zona fose esencial na produción de apeiros

G24.gal 28/11/2026 21:01

O concello lugués de Riotorto está a celebrar as primeiras Xornadas Culturais do Ferro. Estas xornadas están organizadas pola Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto. As xornadas comezaron este venres e rematan o domingo. Nos tres días, os ferreiros falarán do pasado, do presente e do futuro do oficio.

José Mario Cabo, presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, coméntanos que da súa casa sían por temporada "máis de 8.000 fouciños, máis coitelos, sangadores e outros utensiolios e apeiros" que facía o seu pai quen, ademais, tiña outros labores.

Eran outros empos, cando en riotorto había uns cincuenca ferreiros "practicamente había un en cada casa", asegura Jose Mario, e agora, cincuenta anos despois, apenas quedan catro artesáns do ferro asociados.

Considera Cabo que estas xornadas, nas que se expoñen fotografías, se proxecta un documental. se falará nunha mesa redonda e se presenta o proxecto do Museo do Ferro de Galicia, son esenciais para homenaxear e poñer en valor o traballo dos ferreiros, artesáns esenciais para entender a historia desta parte oriental da provincia de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade