Publicador de contidos

Publicador de contidos

A peza Estruga, de Alberto Taboada, finalista do Premio Artesanía de Galicia

A peza Estruga, de Alberto Taboada, finalista do Premio Artesanía de Galicia

Do fondo do mar galego ata un obradoiro de xoiería na pequena aldea de Mazós, en Maside

Unha creación coa que aposta pola conexión entre a natureza e os oficios tradicionais

A peza é unha interpretación da anemone mentres caza pola parte dianteira e pola traseira rende homenaxe as artes de pesca tradicionais

Para o artesán ourensán "só estar proposto xa é un premio"

A peza Estruga de Alberto Taboada está inspirada nunha anemone mariñeira e nos oficios de pesca tradicionais
G24.gal 10/11/2026 21:58

Do fondo do mar galego ata un obradoiro de xoiería na pequena aldea de Mazós, en Maside. Unha anemone mariña inspirou Estruga, a peza coa que o artesán ourensán Alberto Taboada é finalista do Premio Artesanía de Galicia. Unha creación coa que aposta pola conexión entre a natureza e os oficios tradicionais. 

"Quixen transmitir a similitude que ten unha anémona coas artes de pescas mentres ela caza, e a parte de atrás tradicionais galegas. A parte frontal o que está facendo é imitar os tentáculos da anémona mentres ela caza e a parte traseira as redes ou as nasas dos mariñeiros. Como quería transmitir que fose unha peza contemporánea pero con oficio", explica Alberto Taboada sobre a súa peza Estruga, candidata ao premio da Fundación de Artesanía de Galicia. 

E co seu oficio de artesán da xoiería Alberto comezou hai 17anos cando mercou a súa primeira ferramenta. E desde hai oito traballa no seu taller, na aldea ourensá de Mazós, en Maside.

"O meu traballo desde hai oito anos é facer sortellas de compromiso e obradoiros para alianzas de voda, as sortellas de compromiso, son das pezas máis simbólicas que hai, pero é certo que é un pouco limitante en canto a deseño", salienta Taboada.  

 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade