Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un traballador en Monterroso tras quedar o seu brazo atrapado nunha máquina

Ferido un traballador en Monterroso tras quedar o seu brazo atrapado nunha máquina

Os efectivos do GES utilizaron unha radial para cortar parte da máquina e liberar o ferido, que foi trasladado consciente ao hospital de Lugo

Imaxe de arquivo da fábrica de castañas de Monterroso en que se produciu o accidente laboral Imaxe de arquivo da fábrica de castañas de Monterroso en que se produciu o accidente laboral
G24.gal 11/11/2026 12:57

Un traballador resultou ferido de consideración nun accidente que se produciu a pasada madrugada nunha planta dedicada á transformación de castañas, no municipio lucense de Monterroso, ao quedarlle atrapado un brazo nunha das máquinas.

Segundo a información facilitada este mércores polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE), o 112 Galicia recibiu aviso poucos minutos despois das dúas da madrugada de que a un traballador de limpeza lle quedara atrapado un brazo nunha das máquinas da fábrica, situada en Esporiz.

De inmediato, a central de emerxencias mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a la Garda Civil e ao GES de Monterroso. Os Bombeiros de Chantada tamén foron avisados, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.

Os efectivos do GES utilizaron unha radial para cortar parte da máquina e liberar o ferido, que foi trasladado consciente ao hospital de Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar