A Formigueta de Vigo fai e vende máis de 250 turróns distintos, doces e salados
Nos fogares galegos consómense máis de 8 millóns de quilos no Nadal
O sector do turrón, canda os mazapáns, prevé aumentar a facturación este ano chegando aos 400 millóns de euros. O turrón gusta e, de feito, consómense máis de 8 millóns de quilos nos fogares galegos. Iso no Nadal, pero semella que non chega.
Catro de cada dez se puidesen comeríano todo o ano. Hoxe no seu día mundial falamos cun mestre turroneiro que fabrica e comercializa ata 250 sabores distintos no centro de Vigo.
Antonio José Vega vende turrón tras turrón na Formigueta. Veu hai oito anos de Xirona, onde a súa familia elabora este doce tradicional do Nadal desde o ano 2000. Neste despacho hai 250 sabores distintos e cara este Nadal estrearán outros 15.
Pero quen non ten unha tableta de turrón bailando pola despensa meses despois do Nadal? Calórico, enerxético e doado de conservar.