Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un tiroteo na cidade polaca de Cracovia deixa polo menos cinco persoas mortas

Un tiroteo na cidade polaca de Cracovia deixa polo menos cinco persoas mortas

Un home irrompeu en coche na praza maior da cidade e comezou a disparar de xeito indiscriminado

Varias ducias de persoas quedaron feridas no ataque e o autor dos disparos foi detido

Un helicóptero médico no centro de Cracovia. Jakub Włodek/Wyborcza vía REUTERS Un helicóptero médico no centro de Cracovia. Jakub Włodek/Wyborcza vía REUTERS
G24.gal 07/11/2026 16:42 Última actualización 07/11/2026 17:00

Polo menos cinco persoas morreron e varias ducias quedaron feridas este sábado cando un home irrompeu cun coche na praza maior de Cracovia, no sur de Polonia, e comezou a disparar ao azar a transeúntes.

Segundo informa a Policía na rede social X, o ataque indiscriminado produciuse ao redor das 15:00 horas. As forzas de seguridade detiveron o autor dos tiros pero, polo momento, descoñécese o motivo da agresión.

Xente nunha tenda no lugar do tiroteo. REUTERS/Jakub Porzycki Xente nunha tenda no lugar do tiroteo. REUTERS/Jakub Porzycki
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade