Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 300 palilleiras tecen a un tempo no concello de Xove

Máis de 300 palilleiras tecen a un tempo no concello de Xove

O pavillón municipal acolle un encontro de artesás procedentes do noroeste peninsular

G24.gal 03/10/2026 20:47 Última actualización 03/10/2026 21:19

Xove acolleu este sábado a XV edición do encontro de palilleiras, na que se xuntaron máis de trescentas artesás procedentes do noroeste peninsular.

A xuntanza é unha oportunidade para que as participantes intercambien experiencias, técnicas e, tamén, é un escaparate dunha artesanía que chegou a España a mediados do século XVI.

Pouco a pouco, foise estendendo pola península como un labor meticuloso e delicado que consegue atraer, sobre todo, mulleres, aínda que vai habendo algún ca outro home que se anima a bailar os palillos.

Remates de toallas, decoracións para colchas ou adornos para chaquetas son tres dos múltiples usos que a xente lle dá ao tecido que se obtén ao ir retorcendo os fíos.

As palilleiras subliñan tamén os beneficios para a saúde desta práctica que, ademáis de axudar a mover as mans, favorece a socialización entre os grupos de máis idade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade