Morre unha muller apuñalada en Parla, supostamente a mans da súa parella
O agresor, xa detido, avisou do crime ao 112
A Policía Nacional investiga o sucedido como un posible caso de violencia machista
Arquivo
Unha muller de 47 anos morreu este mércores pola noite tras recibir varias puñaladas nunha vivenda do municipio madrileño de Parla a mans dun home co que mantiña ou mantivera unha relación, suceso que a Policía Nacional investiga como un posible caso de violencia machista.
Fontes policiais informan que foi o propio agresor quen avisou do crime ao 112 contra as dez da noite. Ocorreu nunha vivenda situada no número 10 da rúa Xetafe, do municipio de Parla. Cando chegaron os sanitarios do SUMMA atoparon a muller, xa falecida, dentro do domicilio con feridas no pescozo e na cara,.
O presunto agresor foi detido evinvestigase o suceso como un posible caso de violencia machista. De confirrmarse sería a vítima número 46 no que vai de ano.
As vítimas da violencia machista e a súa contorna poden pedir axuda en distintos recursos activos todos os días da semana e as 24 horas do día: o teléfono 016, o correo electrónico 016-online@igualdad.gob.es e a canle do WhatsApp no número 600 000 016.
O teléfono de atención da Xunta de Galicia contra a violencia machista é o 900 400 273. É gratuíto e anónimo, non deixa rastro na factura telefónica, funciona as 24 horas do día e ten cobertura en toda Galicia.
Nunha situación de emerxencia pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos de emerxencias da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062) e, se non é posible facer esa chamada, en caso de perigo existe tamén a opción de activar a aplicación ALERTCOPS, que envía un sinal de alerta á Policía con xeolocalización.