Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home en Xixón por matar á súa exparella

Detido un home en Xixón por matar á súa exparella

Sobre o home existía unha denuncia previa, e o caso investígase xa como posible violencia machista

G24.gal 12/11/2026 17:32

A Policía Nacional detivo en Xixón a un home duns 40 anos como presunto autor do asasinato da súa exmuller, informaron a EFE fontes do corpo, que investiga os feitos como un posible caso de violencia machista.

Os feitos ocorreron este xoves no barrio xixonés de Jove, onde presuntamente o home apuñalaría mortalmente á muller.

Estas mesmas fontes apuntaron que sobre o home existía unha denuncia previa, aínda que polo momento se descoñece se era da propia vítima.

As vítimas da violencia machista e a súa contorna poden pedir axuda en distintos recursos activos todos os días da semana e as 24 horas do día: o teléfono 016, o correo electrónico 016-online@igualdad.gob.es e a canle do WhatsApp no número 600 000 016.

O teléfono de atención da Xunta de Galicia contra a violencia machista é o 900 400 273. É gratuíto e anónimo, non deixa rastro na factura telefónica, funciona as 24 horas do día e ten cobertura en toda Galicia.

Nunha situación de emerxencia pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos de emerxencias da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062) e, se non é posible facer esa chamada, en caso de perigo existe tamén a opción de activar a aplicación ALERTCOPS, que envía un sinal de alerta á Policía con xeolocalización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade