Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas 43 persoas por estafar un millón a euros a clientes de bancos con envíos de SMS

Detidas 43 persoas por estafar un millón a euros a clientes de bancos con envíos de SMS

A organización criminal utilizaba unha aplicación de mensaxería privada para o envío masivo de SMS a clientes de entidades bancarias, xeralmente maiores de 65 anos

A Policía constatou que mesmo chegaban a coñecer os límites das contas bancarias das vítimas para facer o traspaso nunha ou varias transferencias, estafando en ocasións máis 45.000 euros a unha soa vítima

G24.gal 12/11/2026 09:51

A Policía Nacional detivo 43 persoas e practicou dous rexistros en Madrid e Cádiz nunha operación contra unha organización criminal que estafou 130 persoas simulando ser o departamento antifraude dos bancos, conseguindo un botín de máis dun millón de euros.

A organización criminal utilizaba unha aplicación de mensaxería privada para o envío masivo de SMS a clientes de entidades bancarias, xeralmente maiores de 65 anos, simulando ser o departamento de seguridade ou prevención do seu banco.

Nos SMS alertaban dunha suposta transacción fraudulenta que se estaba cometendo na súa conta bancaria, indicando un teléfono ou páxina web ao que debían contactar para liquidar a incidencia. A organización enganaba ás vítimas para que non dubidasen da lexitimidade da información recibida porque a SMS parecía ser remitida polos bancos.

A Policía constatou que mesmo chegaban a coñecer os límites das contas bancarias das vítimas para facer o traspaso nunha ou varias transferencias, estafando en ocasións máis 45.000 euros a unha soa vítima.

Tamén se detectou casos en que a vítima, cando se decataba de que estaba a ser estafada, recibía mensaxes intimidatorias e ameazas, aludindo a datos privados e aos seus domicilios, o que provocaba que moitas persoas non chegasen a tramitar denuncias.

Aos detidos impútanselles os delitos de pertenza a grupo criminal, estafa e branqueo de capitais e, ademais, hai outras 13 persoas ás que se tomou declaracións como investigadas, dun total de 95 imputados, segundo informou a Policía Nacional.

Foron esclarecidos 134 feitos delituosos, cunha fraude de máis de 1.140.000 euros estafados, e analizaron 400 canles e grupos da aplicación de mensaxería privada. A investigación continúa aberta e non se descarta que se deteñan a máis membros da trama.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade