Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía alerta das estafas que pululan na rede detrás de supostas ofertas de alugueiro

A policía alerta das estafas que pululan na rede detrás de supostas ofertas de alugueiro

No momento en que teñen os cartos, os estafadores desaparecen

A policía recomenda desconfiar das gangas

G24.gal 06/11/2026 13:49

Co problema da vivenda no epicentro da vida pública española, os delincuentes non descansan. Colgan anuncios moi atractivos en portais de alugueiros. Pisos céntricos, nun estado excelente a prezo por debaixo do normal. Todo demasiado bo para ser certo. E sentan á espera de vítimas que pequen de inocentes.

No momento en que teñen os cartos, os estafadores desaparecen do mapa sen deixar rastro. É imposible volver establecer contacto con eles. Pero o calote non remata aí. O peor pode estar aínda por chegar.

A policía recomenda desconfiar das gangas, evitar o envío de documentación sensible a persoas descoñecidos e, sobre todo, non pagar nunca nada antes de asinar o contrato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade