Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo incidente nun narcopiso da Coruña

Novo incidente nun narcopiso da Coruña

Sanitarios do 061 atenden un toxicómano tras sufrir unha sobredose no interior da vivenda

G24.gal 06/11/2026 14:35

Novo incidente no narcopiso da rúa Agra de Bragua, no barrio coruñés da Agra do Orzán. Desta volta, unha sobredose que sufriu un toxicómano duns corenta anos de idade.

Pouco antes das catro da tarde deste xoves, sanitarios do 061, escoltados por axentes da Policía Nacional, entraron na vivenda para atender o home que, finalmente, tivo que ser trasladado ao hospital.

Trátase dun episodio máis que se suma ao incendio nos contadores de hai dez días e aos continuos roubos que están a sufrir na zona.

A veciñanza di que xa non pode máis. Aseguran que cada día acoden a ese narcopiso arredor dun cento de persoas a mercar e consumir substancias estupefacientes alterando a tranquilidade e a seguridade na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade