Cargando resultados...
Os veciños de Vite respiran aliviados tras o peche dun narcopiso
Un matrimonio con fillos menores instalouse e converteu a vivenda nun punto de venda de droga
Os veciños instalaron cámaras de seguridade e sensores de luz para evitaren sustos
G24.gal
23/10/2026 14:06
Foron seis meses de pesadelo para os veciños dun bloque do barrio santiagués de Vite. Un matrimonio con fillos menores instalouse e converteu a vivenda nun narcopiso.
A unión fixo a forza. Os veciños remaron xuntos para reverter a situación e recuperar a tranquilidade. Instalaron cámaras de seguridade e sensores de luz para evitar situacións perigosas. Os inquilinos da discordia acabaron marchando para ledicia de todos.
Os veciños do número 3 da rúa Xesús Carro respiran tranquilos outra vez. Unidos coma sempre.