Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Catedral de Santiago amosa as xoias literarias das súas bibliotecas

A Catedral de Santiago amosa as xoias literarias das súas bibliotecas

Unha selección de 29 obras propón unha viaxe no tempo a través de obras que foron cambiando a nosa forma de entender o mundo

G24.gal 23/10/2026 14:24

Gárdase un tesouro con máis de 6.000 xoias.

 "Calquera dos libros desta biblioteca capitular pode velos calquera persoa. Eles solicítano e nós vimos a recollelos e deixámosllo para que os lean ou os desfruten na sala de investigadores", dixo Jorge García, técnico do arquivo da biblioteca da Catedral de Santiago

A Catedral de Santiago celebra o Día das Bibliotecas amosando unha pequena mostra dos seus fondos.

A visita repasa primeiro, en San Martiño Pinario, cada libro ligado á historia dun mosteiro que non só foi centro de oración, senón de cultura. 

Chaman a atención os mapamundis de cando aínda quedaban terras ignotas, como explica Carlos Miramontes, o director da biblioteca do Instituto Teolóxico, onde gardan volumes de poesía latina de Horacio e Ovidio, Plinio... Obras clásicas de física, bioloxía...

E xa na biblioteca capitular, cantorais, o códice, pero tamén Voltaire ou Montesquieu.

"Hai que pensar que cada un deses cóengos e mesmo o arcebispo tiñan as súas bibliotecas particulares. O que buscaban eran as novidades literarias do momento e tamén querían ler os grandes clásicos, Homero, Petrarca, Virxilio. E ademais temos as cartas de Santa Teresa de Xesús, libros de Quevedo, de Garcilaso, de Shakespeare", relata Jorge García, técnico do arquivo da biblioteca da Catedral de Santiago. 

Lían teatro, relixión e ciencia. Bebían da sabedoría dos clásicos, pendentes do pulso dos literatos e pensadores máis rompedores da época.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade