Cargando resultados...
Unha muller mexicana recibe a Compostela número 500.000 de 2026
Guadalupe Idalia Goicoechea Salinas fixo a ruta francesa dende Sarria co seu home e co seu fillo
Guadalupe co arcebispo de Santiago. IMAXE facilitada pola catedral compostelá
G24.gal
04/10/2026 20:42
Última actualización 04/10/2026 21:04
A mexicana Guadalupe Idalia Goicoechea Salinas recibiu este domingo a Compostela número 500.000 deste ano 2026, documento que expide a Igrexa católica e acredita completar de xeito continuado polo menos os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago.
No seu caso, fixo a ruta francesa desde Sarria na compaña do seu home, Enrique, e do seu fillo, Luis. O arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, entregoulle persoalmente o documento acreditativo, antes do inicio da Misa do Peregrino na catedral.