Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Camiño de Santiago e o de Kumano Kodo afianzan lazos ás portas do Xacobeo

O Camiño de Santiago e o de Kumano Kodo afianzan lazos ás portas do Xacobeo

Rueda e o gobernador da prefectura de Wakayama reuníronse esta mañá en Santiago

O presidente da Xunta recibe o gobernador da Prefectura de Wakayama, Izumi Miyazaki (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 20/11/2026 14:17

Ás portas do ano Xacobeo, o Camiño de Santiago e o de Kumano Kodo, no Xapón, afianzan a súa unión. Son as únicas rutas recoñecidas pola Unesco como Patrimonio Mundial e levan 28 anos irmandados.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o gobernador da prefectura de Wakayama,  Izumi Miyazakim reafirmaron está mañá ese vínculo. Máis de 20.000 persoas percorreron os dous camiños, o de Santiago e o de Kumano Kodo xaponés.

​​​"Teñen distinto orixe e creza relixiosa pero comparten o máis importante: unha aposta polos valores, a tradición e crer que camiñar é unha forma de encontrarse a un mesmo. O ano que  vén celebramos o Xacobeo e queremos que WaKayama e o Kumano Kodo, como camiño irmán, sexan unha parte importante desta celebración", salientou Rueda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade