O xurado popular decidirá a próxima semana o futuro do acusado pola morte de Amín dunha navallada
Tras cinco xornadas de vista oral, o xuízo pola morte violenta do mozo de 21 anos dunha navallada que lle chegou ao corazón, tras unha pelexa na zona dos viños de Ourense, queda visto para a deliberación das nove persoas que integran o xurado popular
Quinta é última xornada do xuízo oral pola morte de Amín, de 21 anos, na Audiencia Provincial de Ourense. Por diante o xurado ten o reto de tratar de reconstruír o quebracabezas de declaracións, algunhas contraditorias, e a variedade das probas médicas e forenses. Á proposta da defensa do acusado puideron escoitar na sala as conclusións dun novo informe pericial á súa petición.
A xuíza lembrou que corresponde ao xurado valorar as probas, e rexeitou que o perito falase sobre se a actitude de Nicosur, o acusado, era defensiva, porque iso terá que determinalo o xurado.
Volveron ver o vídeo dos golpes ao acusado. A Fiscalía cuestionou tamén as súas conclusións sobre a diferenza entre lesións leves que confirmaron catro médicos e os golpes de alta intensidade.
Nas conclusións finais, a fiscalía e a acusación particular manteñen as peticións de 14 anos por homicidio e 25 por asasinato. A defensa tamén insiste na lexítima defensa. Ramatada a vista, o luns o xurado popular terá que debater e decidir que feitos considera probados.