Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os médicos forenses detallan a navallada mortal a Amín na zona dos viños en Ourense

Os médicos forenses detallan a navallada mortal a Amín na zona dos viños en Ourense

Na Audiencia Provincial de Ourense segue o xuízo polo crime de Amín. Os médicos forenses explicaron como a única navallada, que recibiu o mozo de 21 anos na zona dos viños, foi a que lle alcanzou o corazón e provocou a súa posterior morte.

Na cuarta xornada do xuízo tamén analizaron a traxectoria da navallada ou as feridas que presentaba o corpo da vítima na autopsia

G24.gal 19/11/2026 14:18

Unha única navallada no costado esquerdo provocou unha rotura cardíaca e unha hemorraxia interna mortal.

Cal foi a causa da morte de Amín?, pregunta a fiscalía.

"A causa da morte de Amín, foi unha ferida por arma branca no costado esquerdo, produciu unha rotura cardíaca e unha hemorraxia interna que non se puido conter. Unha única ferida", explica o médico forense do IMELGA, Julio Serulla. 

Tamén explicaron os médicos forenses a traxectoria da navallada.

"Dá a sensación de que a arma entrou no corpo desde o lado esquerdo cara ao lado dereito, un pouquiño desde abaixo cara a arriba e de fóra cara a dentro. Ao desprazar o instrumento prodúcese a rotura da pel a rotura de todos os tecidos ata chegar ao corazón". 

"A distancia, non podemos concluír a que distancia estaban a vítima e o agresor". "Non o sabemos, pero se encontrara unha costela, igual a navalla non penetraría tanto". 

Os especialistas non observaron lesións de defensa nas mans nin nos brazos de Amín. E tampouco feridas de gravidade, no acusado que recibira golpes e patadas.

Despois de catro xornadas de xuízo na Audiencia Provincial de Ourense, o xurado popular, mesmo preguntando ás testemuñas, tratan de aclarar os feitos da morte violenta de Amín. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade