Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rachan os flotadores de dúas embarcacións de Salvamento de Protección Civil de Cangas

Rachan os flotadores de dúas embarcacións de Salvamento de Protección Civil de Cangas

Aínda non as estrearan e alguén, premeditadamente, accedeu ao recinto onde as teñen gardadas e rachou os flotadores deixándoas inservible

Sen as dúas lanchas non poderán ofrecer o servizo de salvamento nin preventivo que adoitan prestar

Imaxe dos danos nunha das lanchas pneumáticas semirríxidas
G24.gal 19/11/2026 13:56

Tres anos tardaron os responsables de Protección Civil de Cangas en conseguir orzamento para preparar dúas embarcacións de salvamento que substituían outras que xa non reúnen as condicións axeitadas. Aínda non as estrearan e alguén, premeditadamente, accedeu ao recinto onde as teñen gardadas e rachou os flotadores deixándoas inservibles.

Cesáreo Coya, o responsable de Protección Civil de Cangas lamenta que agora carecerán dos medios necesarios para garantir a seguridade de veciños e visitantes nunha vila esencialmente mariñeira. 

Ademais do golpe anímico, non entenden o porqué deste ataque. Ruben Paz, xefe da Unidade de Mar, insiste en que o dano é para toda a veciñanza e para os visitantes. Cangas ten 38 praias e cada ano recibe máis turistas. Sen as dúas lanchas non poderán ofrecer o servizo de salvamento nin preventivo que adoitan prestar. Ademais insisten en que o custo da reparación repercutirá de novo nas arcas municipais.

O custo da reparación das dúas embarcacións roza os 7.000 euros e non saben cando nin se o Concello poderá asumir ese investimento. Os feitos xa foron denunciados na Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade