Publicador de contidos

Publicador de contidos

Simulacro de rescate en altura en Ares

Simulacro de rescate en altura en Ares

Os equipos de Salvamento practican rescaten en zonas de difícil acceso como os cantís

G24.gal 19/11/2026 13:51

A busca comezouna Ula, unha cadela de rastrexo á que os seus guías lle facilitaron unha mostra de cheiro de referencia.

"Localizamos un vehículo, facemos unha toma de cheiro na vivenda para os cans de rastrexo. Imos á zona do vehículo e como está sen contaminar facemos un rastrexo ata a zona dos cantís. Alí localizamos á persoa que se precipitou á praia", explica Miguel Montero, Responsable da ONG IAE.

E aí entran os drons da Axega que son os que concretan a localización exacta. A partir de aí é cando os equipos preparan unha vía de acceso. Os rescatadores, canda o persoal sanitario, descenden con cordas ata chegar á vítima. 

"Presenta un politrauma importante e os sanitarios recomendan unha evacuación inmediata. E o que facemos é crear un acceso con cordas para un rescatador con padiola e dous enfermeiros especializados en rescate. Pero neste caso, como as lesións non o permiten, colaboramos co Helimer 401", engade Montero.

Proceden a inmobilizala nunha padiola para poder evacuala con seguridade. Para iso pídenlle ao 112 o apoio do helicóptero de Salvamento Marítimo.

"Baixa un rescatador e nós poñémonos ás ordes do helicóptero de Salvamento Marítimo. O que eles nos digan, para dar ese apoio e facer o transvasamento á padiola. Despois realizan un izado ao helicóptero para o seu traslado ao hospital", conclúe o responsable da ONG IAE.

Un exercicio para poñer a proba a capacidade de resposta dos equipos de busca e rescate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade